Xa estamos na
recta final, non queda nada para terminar este largo enfrontamento contra o Titán Loco. Todo indica que a ardua labor dos alumnos de
1º ESO deu os seus frutos a hora de deter a Thanos. Dende
Xeografía e Historia elaboramos unha serie de
glosarios nos que os estudantes extraeron as palabras que, para eles, mellor definen a civilización romana. Aiquí algunhas delas:
ACUEDUCTO: construcción en forma de ponte para conducir as augas salvando un desnivel do terreo.
COMICIOS: asambleas romanas nas que participaban os cidadáns de Roma e se elixían cargos públicos.
EMPERADOR: xefe supremo do imperio
MANUMITIR: conceder la libertad a un esclavo
MARE NOSTRUM: nome dado polos romanos ao mar Mediterráneo
PATRICIO: individuos romanos de estirpe nobre.
PLEBE: grupo social de baixa condición da antiga roma.
ROMANIZACIÓN: proceso de asimilación cultural levada a cabo polos romanos por toda Europa. Os pobos conquistados adaptaban as costumes, lingua e o dereito romano.
SENADO: alta institución política da antiga Roma que durante o período republlicano ostentou o maior poder político pero que durante o período imperial perdeu ese poder a favor do emperador.